|     Contacta connosco      |     

LINGUAMÓN - Casa de les Llengües

As linguas do mundo

Inicio > Diversidade lingüística > As linguas do mundo

As linguas do mundo

Os diversos estudos sobre as linguas indican que no mundo se falan aproximadamente 6.000 linguas. A distribución polos diferentes continentes é, non obstante, moi irregular.

As linguas africanas e mais asiáticas representan arredor do 32 por cento en cada continente, as do continente americano o 15 por cento e mais as do Pacífico un 18 por cento. O continente europeo acolle só o 3 por cento das linguas mundiais. 

A metade das linguas do mundo concéntrase en 8 estados: Papúa Nova Guinea (832), Indonesia (731), Nixeria (515), India (400), México (295), Camerún (286), Australia (268) e mais Brasil (234).

Malia o grande número de linguas existentes e mais a necesidade de as preservar, moi poucas gozan de boa saúde. A globalización pode provocar que algunhas comunidades abandonen as súas linguas. Pero tamén pode ser unha oportunidade para difundir con máis facilidade as diferentes linguas que conviven no planeta.

Segundo a UNESCO, arredor do 50 por cento das 6.000 linguas do mundo están en perigo de desaparición, o 96 por cento das linguas son faladas por só o 4 por cento da poboación mundial, e máis do 90 por cento do contido de Internet redúcese a só 12 linguas.

Generalitat de Catalunya
Casa de les Llengües ©