|     Contacta connosco     |     

LINGUAMÓN - Casa de les Llengües

Linguas do mundo

Inicio > Lenguas > Serere

Print   Email   Serere

Coñécese tamén como

Sereer, serer-sin

Fálase en...

Senegal: na zona do centro oeste do país e nos vales dos ríos Sine e Salum.
Gambia: rexión do noroeste.
Mauritania: rexión do sur.

Número de falantes (aprox.)

Número total aproximado: 1.200.000 como primeira lingua e uns 300.000 como segunda lingua.

Senegal (1.150.000), Gambia (30.000), Mauritania (sen datos).

Status legal

O francés é a lingua oficial do Senegal. A constitución (2001) establece tamén que as linguas nacionais son: o diola, o mandé, o ful, o serere, o soninke e o wolof.

O inglés é a lingua oficial de facto de Gambia. As linguas autóctonas non teñen ningún tipo de recoñecemento.

Segundo a constitución (1991), a lingua oficial de Mauritania é o árabe, e as linguas nacionais son o árabe, o ful, o soninke e o wolof. Hai que dicir que o francés foi a lingua oficial, xunto co árabe, ata 1991 e, actualmente, conserva parte dos seus privilexios, xa que se utiliza na administración, no Parlamento e como lingua do ensino.

Recoñecemento legal (Senegal), sen recoñecemento legal (Mauritania, Gambia).

Fonte

ASHER, R.E. e C. MOSELEY (eds.) (2007) Atlas of the World's Languages. Londres / Nova York: Routledge.

LECLERC, J. (2007). L'aménagement linguistique dans le monde. Quebec: TLFQ, Université Laval.

Comentarios

O serere é a terceira lingua en número de falantes en Senegal (15% da poboación), tras o wolof (43%) e o ful (24%).

Igual que o wolof e o ful, o serere pertence ao grupo setentrional da rama atlántica. A diferenza dos wolofs e dos fules (habitualmente musulmáns), os sereres conservan mellor a súa relixión tradicional baseada nun deus universal denominado Roog e na procura de vínculos entre diversas dimensións, como a vida e a morte, o espazo e o tempo, ou a comunicación cos espíritos dos devanceiros. Actualmente, a maior parte dos católicos do Senegal son sereres.

Os dialectos do serere son o sine (falado sobre todo nos vales de Sine e Salum, en Kaolack, Diurbel, Dakar), o safen (falado no interior de Petite Côte e ao sueste de Dakar), o ndut (falado en Mont-Roland, ao noroeste de Thies e no reino de Biffeche, á beira do río Senegal), o noon (falado ao redor de Thies), o palor (falado nunha pequena zona entre Rufisque e Thies) e o lehar (falado nunha pequena zona ao norte de Thies). O dialecto sine é o que goza de maior comprensión entre os falantes doutros dialectos.

Desde o punto de vista social, os sereres constitúen a elite de Senegal, tanto nos cargos oficiais (o primeiro presidente de Senegal, Léopold Sédar Senghor, era serere) como nas grandes empresas. Aínda así, nas situacións formais e en todo o itinerario curricular do ensino só se emprega o francés. Cando comezou o ensino de linguas 'nacionais' nos dous primeiros cursos de primaria en quince escolas, cara o 1980, só se ensinaba serere nunha escola; nas outras catorce, ensinábase o wolof.

Sistema de numeración

Sentit d'escriptura

Alfabeto

Clasificación

  • Familia:
    Níxer-congo
  • Rama:
    Atlántica
  • Grupo:
    Setentrional

Localización

  • Continentes:
    África
  • Países:
    Gambia, Mauritania, Senegal
Generalitat de Catalunya
Casa de les Llengües ©